miércoles, 22 de junio de 2022

FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e camiños; cruzamos pontes baixo as que murmuraban pequenos regatos e ríos; escoitamos o canto dos paxariños, a fala das ras e dos grilos, o asubío do vento acariñando a follaxe de carballos, piñeiros e bídalos. Descubrimos aldeas, cidades e vilas coas súas xentes e os seus veciños...
Daquela saímos cunha pequena mochila cargada de ilusión cara un destino, unha mochila que, co paso dos días, foi medrando e pesando un pouquiño. Encheuse de aprendizaxes, de valorar o que vemos decotío, tamén de experiencias únicas e, por suposto, de novos amigos que deixaron unha fonda pegada nos nosos corazonciños.
Hoxe toca dar as GRAZAS  aos que atopamos polo Camiño, que nos tenderon a man e nos axudaron a avanzar, Pasiño a Pasiño.


BO CAMIÑO!!!!

VISITA VIRTUAL

E para aqueles que non puidestes ver a nosa exposición, dámosvos a oportunidade de facelo virtualmente. Esperamos que vos guste.   


martes, 14 de junio de 2022

A EXPOSICIÓN

Cada día aprendemos das persoas que temos ao noso carón: aprendemos do papá e da mamá; aprendemos dos avós, ai, canto aprendemos dos avós!; aprendemos dos mestres e eles din que tamén aprenden de nós; aprendemos dos amigos e compañeiros, do veciño... Por iso quixemos compartir todo o que sabemos sobre o Camiño de Santiago, para que todo o mundo poida aprender porque, aínda que somos pequenos, temos moito que amosar.

Uns dos que non se resistiron a visitar a nosa exposición foron as nosas familias.














E outros que tamén apreciaron o noso traballo e quixeron aprender del foron os nosos compañeiros e compañeiras de Primaria.

Grazas a todos e a todas!

viernes, 10 de junio de 2022

TINA CALIXTINA VOLVE AO COLE

A finais de maio tiveramos unha visita moi especial, a da tartaruga Tina Calixtina. Lembrádesvos? Pois estes últimos días de cole tamén quixo facernos outra visitiña pero esta vez dentro dun videoxogo. Xogar con ela axudounos a repasar todo o que aprenderamos este curso sobre o Camiño de Santiago. Foi moi divertido!!



A CUNCHA

Está claro que a cuncha é o símbolo por excelencia do Camiño de Santiago. Contan que antigamente os peregrinos, ao chegar a Santiago, eran agasallados cunha cuncha de vieira e deste xeito, no camiño de regreso á casa, podíanse diferenciar daqueles outros peregrinos que aínda se dirixían cara a Compostela. Para que a nós tamén se nos diferencie, he aquí a nosa cuncha.

                         

jueves, 9 de junio de 2022

O BOTAFUMEIRO

Hoxe lemos na clase un conto que trouxeron os nosos compañeiros Antón e Dylan.



Nel a osa Marosa e a toupa Mariña diríxense a Santiago para arranxar a corda do botafumeiro da catedral.
Agora que xa está todo solucionado imos ver como funciona.

https://www.youtube.com/watch?v=MxhxCBnZRw4&t=115s 

Como impresiona ver voar o botafumeiro!!

Pois nós tamén temos o noso botafumeiro particular e na clase de psicomotricidade xogamos con el. Tiñamos que pasar correndo para o outro lado sen que nos tocara. Parece fácil pero non o é e algún que outro levamos un bo castañazo. Hai que ter moi bos reflexos.




miércoles, 8 de junio de 2022

martes, 7 de junio de 2022

O GRAN DÍA.

Xa chegou o gran día!!! Que emoción!!!

Aquí estamos no autobús.
Xa en Santiago, poñemos rumbo á Praza do Obradoiro. Como sabemos ler, non nos perdemos.
Pasamos por diante da Facultade de Medicina.
Aquí estamos, na Praza do Obradoiro, diante da catedral. É inmensa e preciosa.!!!



Na Praza de Praterías, xunto á fonte dos cabalos.



 Na Praza da Quintana, coa Casa da Parra ao fondo. Nuns minutiños imos pasar por diante da Porta Santa, que este ano está aberta por ser Ano Xacobeo.
Camiñamos cara á Praza da Acibechería. Xa se pode ver San Martiño Pinario.
 Entramos na Praza do Obradoiro outra vez. Que ben soa a gaita!
 Na praza do Obradoiro, co pazo de Raxoi, que é a casa do Concello.
 Despois de tanto paseo, toca merendar. Somos a atracción de Santiago!!! É que uns peregrinos de cinco anos non se ven todos os días!!
Agora imos percorrer en tren os principais lugares desta fermosa cidade.
A Cidade da Cultura xa a coñeciamos pero hoxe imos facer aquí unha parada para comer os deliciosos bocatas que nos prepararon os nosos papis.
E por suposto, tamén imos xogar.




Que ben o pasamos!!
Ata sempre, Santiago!

FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...