Hoxe lemos un conto que trouxo o noso compañeiro Edgar, Bo Camiño, Valentiño, e despois a profe deixounos debuxar. Estamos feitos uns artistas!!!
jueves, 17 de marzo de 2022
UNS ARTISTAS
miércoles, 9 de marzo de 2022
A CARTA
Case non o podiamos crer cando esta mañá entrou pola porta Rosa, a conserxe, cunha carta para nós. Quen nos escribiría? Axiña o descubriríamos. Era un tal William que se poñía en contacto connosco para dicirnos que vira un deses cartaces que pegaramos, xa había algún tempo, coa bota perdida e que a bota era del.
William vive nunha cidade chamada Londres pero está facendo o Camiño de Santiago e resulta que cando pasou por Lalín, perdeu unha das súas botas. Teremos que escribirlle para que nos diga como imos facer para devolverlla.
martes, 8 de marzo de 2022
COMO FACER O CAMIÑO
Hoxe, coa profe Mª José, fixemos un conto motor co que aprendemos que hai moitas formas de facer o Camiño. Bueno, algunhas delas un pouquiño imposibles. A ver se as descubrides porque nós xa o fixemos.
CONTO: O Rato Renato fai o Camiño.
Había unha vez un rato que se chamaba Renato e había moito tempo que tiña ganas de facer o Camiño de Santiago, así que unha mañá, tan pronto espertou, decidiu que ese era un bo día para lanzarse á aventura.
Lavouse, vestiuse, almorzou e foi ao garaxe para coller o coche que o levaría ata Santiago.
Que difícil é! Eses si que son heroes.
viernes, 4 de marzo de 2022
A MOCHILA
Xa víramos o día no que o profe Diego e a profe Mª José se disfrazaron, que a mochila dun peregrino pode levar dentro moitas cousas. Pero hoxe descubrímolo moito mellor. Fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar que había dentro dunha mochila. Só un compañeiro ou compañeira podía mirar e tiña despois que dicirnos o que había sen pronunciar o nome do obxecto que vira. Queredes xogar?
- É unha cousa alongada e ten moitos botóns. Serve para encender e apagar a televisión. Que é?
- O mando.
- É unha cousa que serve para que o peregrino leve dentro auga. Que é?
- Unha cantimplora.
- É unha cousa que parece un reloxo pero non nos di a hora senón que nos axuda a non perdernos.
- O compás.
- É unha cousa que serve para pintar as uñas. Que é?
- Un pintauñas.
- É unha cousa que serve para botar polo corpo e que o sol non nos queime, como cando imos á praia.
- A crema solar.
- É unha cousa que serve para poñer nas orellas e estar máis guapos e guapas.
- Uns pendientes.
- É unha cousa parecida a unha maleta na que metemos cousas, como tiritas para, en caso de mancarnos, poder facer as curas.
- O botiquín.
- É unha cousa que serve para protexernos da choiva e non é un paraugas.
- O chuvasqueiro.
- É unha cousa que serve para quitarlle os corchos ás botellas.
- Un sacacorchos.
CANTIMPLORA COMPÁS
CREMA SOLAR
BOTIQUÍN CHUVASQUEIRO
Ademais de moitas outras como....
(Imaxe quitada de http://caminosantiago.webcindario.com/)
miércoles, 2 de marzo de 2022
O TRAXE ANTIGO
Cremos que quedou ben claro que, aínda que somos moi modernos, o traxe de peregrino que máis nos gustou foi o traxe antigo. Por iso decidimos vestirnos hoxe con el. Estamos guapísimos.
FIN DO CAMIÑO
Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...
-
Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...
-
Está claro que a cuncha é o símbolo por excelencia do Camiño de Santiago. Contan que antigamente os peregrinos, ao chegar a Santiago, eran ...
-
Hoxe lemos na clase un conto que trouxeron os nosos compañeiros Antón e Dylan. Nel a osa Marosa e a toupa Mariña diríxense a Santiago para a...
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)




.jpg)
.jpg)
.jpg)














.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)