viernes, 29 de abril de 2022

BUSCANDO PALABRAS

Este curso aprendemos que ler é moi divertido pero hoxe descubrimos que aínda o pode ser máis.

En psicomotricidade fixemos dous xogos de formar palabras.

VECIÑOS REUNIDOS.

Primeiro tiñamos que movernos pola aula seguindo as instrucións que nos ía dando o peregrino.

- Di o peregrino que corras polo camiño.

- Di o peregrino que saltes polo camiño.

- Di o peregrino que reptes polo camiño.


- Di o peregrino que gatees polo camiño.

- Di o peregrino que te xuntes co veciño.

É nese momento cando nos temos que xuntar cos compañeiros e compañeiras que teñan na man unha letra da mesma cor que a nosa. Unha vez xuntos, entre todos temos que atopar a palabra que podemos formar con todas as letras.








A LETRA SALTADORA

No chan había unha fila de palabras pero a todas lles faltaba a primeira letra. Que onde estaba esa letra? Pois pegada nos nosos pés. Dun en un, tiñamos que decidir a que palabra lle faltaba a nosa letra e á pata coxa, ir saltando ata ela.











martes, 26 de abril de 2022

CAMIÑANDO, CAMIÑANDO

Hoxe para celebrar o Día do Libro, tivemos unha visita moi especial. Veu vernos Xosé Luna para presentarnos un dos seus últimos libros: Camiñando, Camiñando e nós quixemos darlle unha sorpresa recitando un dos seus poemas que, como non podía ser doutra maneira, era do Camiño.







Grazas, Xosé polo teu gran corazón e por amosarnos unha parte do camiño.









lunes, 25 de abril de 2022

viernes, 22 de abril de 2022

POEMA

Con bota ou sen ela, nós imos seguir co noso Camiño de Santiago. O malo é que lle imos dicir a William. pero mentres o pensamos, imos recitar un poema que aprendemos e que nos gustou moito.

                                               








martes, 19 de abril de 2022

FALTA A BOTA!!!

Hoxe, ao entrar na aula, Senén dixo que faltaba a bota e si, era certo!, buscámola e  non a atopamos por ningures.

- Seguro que a levou un ladrón.

- E como entrou se todo estaba pechado.

- Mira! No chan non hai marcas.

- Eu teño na casa un traxe de policía e mañá traio e investigo.

- Eu penso que puido ser unha pantasma.

- As pantasmas non existen.

- Si que existen pero non as vemos porque están dentro do noso corpo.

- Ao mellor colleuna a señora da limpeza e tirouna ao lixo. Como estaba tan sucia e vella!

- E se foi o seu dono o que veu por ela?

- Quen?

- William.

viernes, 8 de abril de 2022

A HORA DO TÉ

Hoxe quixemos celebrar por todo o alto a chegada das vacacións. Á hora da merenda tomamos un té pero, en lugar de facelo ao estilo inglés como faría William, démoslle un toque galego. Nós tomámolo acompañado dunha rica tarta de Santiago, como non podía ser doutra maneira.


















Puxémonos coma Pepes!!!

Se queredes comer a tarta de Santiago na casa, podedes facela. É moi sinxela!




jueves, 7 de abril de 2022

A CORREOS!

Decidímonos a contestarlle a William para dicirlle que tiñamos a súa bota e preguntarlle de paso que debiamos facer para devolverlla. 

Unha vez tivemos escrita a carta, metémola nun sobre no que puxemos a dirección de William. Chamounos moito a atención que nós teñamos dous apelidos e o noso amigo só un pero xa nos explicou a profe Lorelay que eso é por ser inglés.


Que nos quedaba por facer entón? Pois ir a Correos para selar a carta e que así puidera chegar ao seu destiño.

Na oficiña de Correos traballa a mamá de Alba, a nosa compañeira, e moi amable explicounos con todo luxo de detalles todo o proceso. Aprendemos que antes de poñerlle o selo, hai que pesar a carta e en función do seu peso así é o prezo.




Ademais de todo iso, aprendemos que existen os apartados, que se poden tamén enviar paquetes e moitas cousas máis.








Por último, fomos en busca dun buzón para meter a nosa carta. 
  


Que casualidade! Ao lado do buzón había a estatua dun peregrino.











FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...