lunes, 30 de mayo de 2022

O VALOR DA AMIZADE.

Ser un auténtico peregrino non é só percorrer o camiño, é moito máis ca iso. É encher a mochila de experiencias e sobre todo de novos amigos. Diso foi do que falamos hoxe coa profe Patricia na clase de Atención Educativa.

Os peregrinos, cando se atopan con outras persoas nos pobos ou albergues polos que pasan; saudan, piden axuda ou preguntan algo, conversan, despídense, comparten mesa, habitación,…. con outros peregrinos que, en moitas ocasións, acaban de coñecer. Moitas veces incluso chegan a facerse amigos, unha amizade que perdura máis alá do camiño.

https://youtu.be/7wvZ1WHnX3Q











viernes, 27 de mayo de 2022

TIVEMOS VISITA.

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Tres peregrinos pasaron polo noso centro. E non o ides crer!, pero un deles era unha tartaruga chamada Tina Calixtina. Vai moi amodiño pero ela tamén fai o camiño. Faláronnos de moitas cousas, contáronnos un conto A pedra, a palla e o pau. Ademais un deles, o peregrino antigo, díxonos que no seu zurrón só traía pegadas, as que ía recollendo mentres ía camiñando e nós tamén quixemos deixar a nosa pegada no camiño.












Grazas, Tina Calixtina!

miércoles, 25 de mayo de 2022

RIQUÍSIMAS!!

Meu dito, meu feito! Dixemos que queriamos probar as pedras de Santiago e no mesmo momento os papás e as mamás sacaron os seus gorros de chefs e puxéronse mans á obra. Por suposto, nós fomos os seus pinches de cociña.

Receita pedras de Santiago.

Ingredientes:

  • Chocolate.
  • Améndoas.
  • E moito amor.

Pasos:

1. Troceamos o chocolate.


2. Poñémolo ao baño maría.


3. Remexemos moi ben ata que se derreta.



4. Cando o chocolate estea totalmente fundido engadimos as améndoas.


5. Coa axuda dunha culler, facemos pequenos montonciños.


6. Deixamos que se arrefríen e listo!!








Mmmmmmm!   Riquíiiiisimas!
 



Moitas grazas ás familias de Elena, Mateo, Xende, Hugo, Xoán, Dylan, Dina e Paula.

martes, 24 de mayo de 2022

A MONFORTE!!!

Hoxe estabamos todos e todas moi emocionados e un pouquiño nerviosos porque era a primeira vez  que faciamos unha saída en autobús. O destino, MONFORTE!!!, outra das vilas, ademais de Lalín, polas que pasa o Camiño de Inverno.

Chamounos moito a atención a súa torre alá no alto, vixiando toda a vila.

https://turismo.deputacionlugo.gal/

https://vivecamino.com/


Pero a nosa visita centrouse no Museo do Ferrocarril onde subimos en trens de diferentes épocas, vimos unha locomotora de vapor, fomos nunha vagoneta ata a cocheira na que había varios coches que estaban esperando a ser arranxados, xiramos na plataforma xiratoria e tamén demos unha volta nun tren pequeniño. En resumen, que aprendemos moitísimas cousas e que o pasamos xenial.























FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...