Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e camiños; cruzamos pontes baixo as que murmuraban pequenos regatos e ríos; escoitamos o canto dos paxariños, a fala das ras e dos grilos, o asubío do vento acariñando a follaxe de carballos, piñeiros e bídalos. Descubrimos aldeas, cidades e vilas coas súas xentes e os seus veciños...
Daquela saímos cunha pequena mochila cargada de ilusión cara un destino, unha mochila que, co paso dos días, foi medrando e pesando un pouquiño. Encheuse de aprendizaxes, de valorar o que vemos decotío, tamén de experiencias únicas e, por suposto, de novos amigos que deixaron unha fonda pegada nos nosos corazonciños.
Hoxe toca dar as GRAZAS aos que atopamos polo Camiño, que nos tenderon a man e nos axudaron a avanzar, Pasiño a Pasiño.
BO CAMIÑO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario