- Seguro que é de Barbanegra porque é marrón.
- Eu creo que é de Papá Noel.
- Non, de Papá Noel non pode ser
porque as botas de Papá Noel son negras
e están limpas e esta está moi sucia.
- De Papá Noel non é porque non ves que aquí non hai cheminea para
entrar.
- Pois entraría pola porta ou pola ventá.
- Ao mellor a bota está viva e veu ela soa e agora está
durmindo porque está cansa de dar moitos pasos.
- Menuda tontería!
- Pode ser dunha pantasma.
- As pantasmas non usan botas, veñen voando.
- Eu penso que é do Gato con Botas.
- Non, porque as botas do Gato con Botas non son así, son moito máis altas.
- O que está claro é que non é un regalo para nós porque os regalos non son así.
- É dun home. É moi grande.
- Eu de maior quero ser maquinista de tren. Ao mellor é dun maquinista.
- Fixádevos! Ven da praia porque ten una cuncha dentro.
- Eu non teño nin idea ... pero vexo que o debuxo que ten a cuncha é o mesmo que o da camiseta do Celta.
- E se é dun ladrón.
- Non, porque non roubou nada, non falta nada
na clase.
- Eu penso que é de Balbino, que a perdeu cando veu á nosa clase
con Pachín o outro día.
- O mellor será mirar as cámaras de seguridade do colexio e así xa sabemos de quen é.