viernes, 26 de noviembre de 2021

AS NOSAS HIPÓTESES


- Seguro que é de Barbanegra porque é marrón.

- Eu creo que é de Papá Noel.

- Non, de Papá Noel non pode ser porque as  botas de Papá Noel son negras e están limpas e esta está moi  sucia.

- De Papá Noel non é porque non ves que aquí non hai cheminea para entrar. 

- Pois entraría pola porta ou pola ventá.

- Ao mellor a bota está viva e veu ela soa e agora está durmindo porque está cansa de dar moitos pasos.

- Menuda tontería!

- Pode ser dunha pantasma.

- As pantasmas non usan botas, veñen voando.

- Eu penso que é do Gato con Botas. 

- Non, porque as botas do Gato con Botas non son así, son moito máis altas.

- O que está claro é que non é un regalo para nós porque os regalos  non son así.

- É dun home. É moi grande.

- Eu de maior quero ser maquinista de tren. Ao mellor é dun maquinista.

- Fixádevos! Ven da praia porque ten una cuncha dentro.

- Eu non teño nin idea ... pero vexo que o debuxo que ten a cuncha é o mesmo que o da camiseta do Celta.

- E se é dun ladrón. 

- Non, porque non roubou nada, non falta nada na clase.

- Eu penso que é de Balbino, que a perdeu cando veu á nosa clase con Pachín o outro día.

- O mellor será mirar as cámaras de seguridade do colexio e así xa sabemos de quen é.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...