Agora si que estamos preparados para iniciar esta aventura na que imos aprender un milleiro de cousas. Por exemplo, palabras como coas que xogamos hoxe: Camiño, cuncha, Xacobeo, ruta.
XOGO DA PESCA.
Cunha cana tivemos que pescar as letras necesarias para poder compoñer a palabra CAMIÑO. Que divertido!
SOPA DE LETRAS.
Agora tiñamos que buscar diferentes palabras relacionadas co Camiño de Santiago nunha sopa de letras un tanto peculiar xa que en lugar de rodear cada palabra co lapis, tivemos que facelo cunha goma elástica. Parecía fácil pero costounos un pouquiño.
XOGO DO DADO.
Formamos dous equipos e, por turnos, tiñamos que lanzar un dado que contiña as letras da palabra Camiño. Segundo nos ían saíndo as diferentes letras iámolas colocando na casiña correspondente. O malo era que se nos saía unha letra repetida tiñamos que retirala. Menudo lío! Ao final, o equipo que antes conseguira completar a palabra gañaba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario