Case non o podiamos crer cando esta mañá entrou pola porta Rosa, a conserxe, cunha carta para nós. Quen nos escribiría? Axiña o descubriríamos. Era un tal William que se poñía en contacto connosco para dicirnos que vira un deses cartaces que pegaramos, xa había algún tempo, coa bota perdida e que a bota era del.
William vive nunha cidade chamada Londres pero está facendo o Camiño de Santiago e resulta que cando pasou por Lalín, perdeu unha das súas botas. Teremos que escribirlle para que nos diga como imos facer para devolverlla.

No hay comentarios:
Publicar un comentario