Este curso aprendemos que ler é moi divertido pero hoxe descubrimos que aínda o pode ser máis.
En psicomotricidade fixemos dous xogos de formar palabras.
VECIÑOS REUNIDOS.
Primeiro tiñamos que movernos pola aula seguindo as instrucións que nos ía dando o peregrino.
- Di o peregrino que corras polo camiño.
- Di o peregrino que saltes polo camiño.
- Di o peregrino que reptes polo camiño.
- Di o peregrino que gatees polo camiño.
- Di o peregrino que te xuntes co veciño.
É nese momento cando nos temos que xuntar cos compañeiros e compañeiras que teñan na man unha letra da mesma cor que a nosa. Unha vez xuntos, entre todos temos que atopar a palabra que podemos formar con todas as letras.
A LETRA SALTADORA
No chan había unha fila de palabras pero a todas lles faltaba a primeira letra. Que onde estaba esa letra? Pois pegada nos nosos pés. Dun en un, tiñamos que decidir a que palabra lle faltaba a nosa letra e á pata coxa, ir saltando ata ela.














No hay comentarios:
Publicar un comentario