Hoxe, ao entrar na aula, Senén dixo que faltaba a bota e si, era certo!, buscámola e non a atopamos por ningures.
- Seguro que a levou un ladrón.
- E como entrou se todo estaba pechado.
- Mira! No chan non hai marcas.
- Eu teño na casa un traxe de policía e mañá traio e investigo.
- Eu penso que puido ser unha pantasma.
- As pantasmas non existen.
- Si que existen pero non as vemos porque están dentro do noso corpo.
- Ao mellor colleuna a señora da limpeza e tirouna ao lixo. Como estaba tan sucia e vella!
- E se foi o seu dono o que veu por ela?
- Quen?
- William.
No hay comentarios:
Publicar un comentario