Dende que recibimos a carta do peregrino William e soubemos que era inglés, pedímoslle á profe Lorelay que nos falara un pouco da cidade na que vive o noso novo amigo. Porque, non sabemos se o sabedes pero, no Camiño fanse moitos amigos e coñécense outras culturas e nós non iamos perder a ocasión.
A través de Google Maps chegamos ata Londres, que é a capital de Reino Unido. Alí subímonos nun Routemaster, o autobús típico de cor vermella e de dous pisos, e fixemos un percorrido pola cidade. Pasamos polo Buckingham Palace, polo Big Ben, pola Tower Bridge e o que máis nos gustou!, a London Eye, unha das norias máis grandes do mundo. Foi incrible!











No hay comentarios:
Publicar un comentario