Hoxe estabamos todos e todas moi emocionados e un pouquiño nerviosos porque era a primeira vez que faciamos unha saída en autobús. O destino, MONFORTE!!!, outra das vilas, ademais de Lalín, polas que pasa o Camiño de Inverno.
Chamounos moito a atención a súa torre alá no alto, vixiando toda a vila.
https://turismo.deputacionlugo.gal/
Pero a nosa visita centrouse no Museo do Ferrocarril onde subimos en trens de diferentes épocas, vimos unha locomotora de vapor, fomos nunha vagoneta ata a cocheira na que había varios coches que estaban esperando a ser arranxados, xiramos na plataforma xiratoria e tamén demos unha volta nun tren pequeniño. En resumen, que aprendemos moitísimas cousas e que o pasamos xenial.

























No hay comentarios:
Publicar un comentario