Dende a Biblioteca do noso cole sempre nos agasallan con algunha sesión de contacontos. Esta vez tocoulle á profe Mª José. Contounos a historia de cinco amigos que, de camiño a Santiago, decidiron parar para repoñer forzas nun albergue que hai aquí en Lalín, o albergue de A Laxe. Alí viviron unha aventura incrible.
Ademais de desfrutar co conto, a través del aprendemos un sen fin de cousas, como que nun albergue hai moitas camas, unhas enriba doutras e que se chaman liteiras. Tamén aprendemos que o pintor Laxeiro en realidade non se chamaba así, o seu verdadeiro nome era Xosé Otero Abeledo pero escolleu este nome artístico porque súa nai nacera no lugar de A Laxe, de aí Laxeiro. Aproveitamos ademais para repasar un pouquiño os números ordinais do 1º ao 6º.



No hay comentarios:
Publicar un comentario