lunes, 31 de enero de 2022

UN CAMIÑO MOI ANTIGO


Como xa vimos no conto, O Camiño de Santiago non é unha cousa de agora, senón que xa ven de vello e coma todas as cousas, foi cambiando co paso do tempo. Cun xogo moi divertido de atopar as diferencias puidemos comprobar a súa evolución.


(Debuxo quitado da serie de proxectos Canto Sabemos! O Camiño de Santiago de Santillana.)

viernes, 28 de enero de 2022

A ORIXE DO CAMIÑO

Hoxe a nosa profe púxonos un conto para tratar de explicarnos un pouquiño a orixe do Camiño. Xa nos dixo que , como todos os contos, este tiña unha parte real e outra fantástica. A verdade é que nos gustou moito e que nos quedou ben clariña a mensaxe, que era o máis importante. 

Aquí volo deixamos e dicirvos que foi inventado pola profe Mª José e que as ilustracións foron feitas por nós. Esperamos que a vós tamén vos guste.




















martes, 25 de enero de 2022

XOGAMOS COAS PALABRAS

Agora si que estamos preparados para iniciar esta aventura na que imos aprender un milleiro de cousas. Por exemplo, palabras como coas que xogamos hoxe: Camiño, cuncha, Xacobeo, ruta.

XOGO DA  PESCA.

Cunha cana tivemos que pescar as letras necesarias para poder compoñer a palabra CAMIÑO. Que divertido!






SOPA  DE  LETRAS.

Agora tiñamos que buscar diferentes palabras relacionadas co Camiño de Santiago nunha sopa de letras un tanto peculiar xa que en lugar de rodear cada palabra co lapis, tivemos que facelo cunha goma elástica. Parecía fácil pero costounos un pouquiño.





XOGO DO DADO.

Formamos dous equipos e, por turnos, tiñamos que lanzar un dado que contiña as letras da palabra Camiño. Segundo nos ían saíndo as diferentes letras iámolas colocando na casiña correspondente. O malo era que se nos saía unha letra repetida tiñamos que retirala. Menudo lío! Ao final, o equipo que antes conseguira completar a palabra gañaba.





viernes, 14 de enero de 2022

ATANDO CORDÓNS

Pero temos un problema! Se queremos facer o Camiño, primeiro teremos que aprender a atar os cordóns dos zapatos se non queremos levar moitas cuadas. Así que, mans á obra.








lunes, 10 de enero de 2022

SIMPLEMENTE CURIOSIDADE

Agora si que nos pica a curiosidade e nos entran as gañas de aprender moitas cousas sobre O Camiño de Santiago mentres esperamos a que apareza o dono ou dona da bota. Así que imos deixar aparcados os nosos mandilóns a cadros verdes e imos poñer unha capa e un sombreiro para transformarnos en auténticos peregrinos.



lunes, 13 de diciembre de 2021

AS FAMILIAS AXÚDANNOS

Xa vos dixéramos que as nosas familias eran listísimas. Tan pronto lles preguntamos, resolveron a cuestión. Seica a bota misteriosa debe ser dun peregrino que a perdeu mentres facía o Camiño de Santiago. Tamén nos deron libros e información quitada de internet para traer á clase e compartila co resto de compañeiros/as e coa mestra.









viernes, 10 de diciembre de 2021

A INVESTIGAR

Está claro que vai ser máis difícil do que pensabamos. O mellor será investigar a ver se así atopamos algunha pista que nos axude.

O primeiro que fixemos foi buscar en internet información sobre zapatos. 

Cantos hai! E que diferentes son!





Aprendemos moitos nomes de zapatos e para que se usa cada un: zapato, bota, sandalia, chancla, zoco... E chegamos á conclusión de que a bota que apareceu na clase é unha bota de senderismo, é dicir, unha bota de camiñante, de andar polos camiños pero, por que camiños?


O mellor será preguntarlles aos nosos papás e mamás que son moi listos e listas e sempre están dispostos a axudarnos e seguro que así descubrimos algo máis.


FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...