Que ganas temos de que chegue mañá, porque por fin imos ir a Santiago. Por iso co profe Diego xa o estamos celebrando por adiantado.
lunes, 6 de junio de 2022
viernes, 3 de junio de 2022
COIDAMOS O CAMIÑO
Cando o peregrino fai o Camiño, o seu obxectivo non é unicamente chegar a Santiago senón tamén desfrutar de todas aquelas cousas coas que se atopa en cada percorrido. Para que todos e todas poidamos desfrutar delas é fundamental que as coidemos. Por exemplo, unha das cousas que NON debemos facer é TIRAR LIXO AO CHAN porque contaminamos a terra, a auga e facemos que morran árbores, plantas e animais. Sobre todo isto falamos coa profe Patricia nas sesións de Atención Educativa.
https://www.youtube.com/watch?v=VMPbnEl579g
https://elpais.com/economia/2017/07/14/actualidad/1500016557_591019.html
https://www.youtube.com/watch?v=fEPxSX8bfp4
XOGOS NO ALBERGUE
Hoxe, na clase de psicomotricidade, a profe Mª José quixo que fixeramos algúns xogos relacionados co conto que nos contara onte.
O XOGO DA CADEIRA.
Primeiro fixemos o típico xogo da cadeira. Tiñamos que movernos arredor das cadeiras mentres a profe tocaba o pandeiro. Cando o pandeiro deixaba de soar, tiñamos que sentarnos moi rápido.
Enriba de cada cadeira había unha etiqueta co nome dun neno ou dunha nena. Eran todos diferentes e ningún era o noso pero cinco coincidían cos nomes dos personaxes do conto. Ai, que importante é saber ler!!!
A quen lle tocaran tiña que levantarse, coller o boneco correspondente e colocalo na súa liteira segundo dicía o conto. Podía ser na 1ª, 2ª, 3ª, 4ª ou 5ª.
O SACO REBULIDEIRO.
O seguinte xogo foi moi divertido. Resulta que había moitas boliñas tiradas polo chan da aula. Nelas a profe escribira o nome de SABELA, XIAN, PEPA, MANOLO e MONCHO, os personaxes do conto. Ao mesmo tempo, cinco compañeiros/as eran o saco de durmir, cada un dunha cor diferente. Ao tocar a pantalla, saía unha frase que tiñamos que ler. Por exemplo, "Pepa durmiu no saco azul ". Neste caso tiñamos que buscar as pelotas que poñían Pepa e metelas dentro do saco azul pero había un problema; o saco era un pouco rebulideiro e non quería que ninguén se metera dentro así que escapaba correndo. Que difícil era pillalo!! Fixemos o mesmo con todos os personaxes e con todos os sacos.
jueves, 2 de junio de 2022
PARADA NO ALBERGUE
Dende a Biblioteca do noso cole sempre nos agasallan con algunha sesión de contacontos. Esta vez tocoulle á profe Mª José. Contounos a historia de cinco amigos que, de camiño a Santiago, decidiron parar para repoñer forzas nun albergue que hai aquí en Lalín, o albergue de A Laxe. Alí viviron unha aventura incrible.
Ademais de desfrutar co conto, a través del aprendemos un sen fin de cousas, como que nun albergue hai moitas camas, unhas enriba doutras e que se chaman liteiras. Tamén aprendemos que o pintor Laxeiro en realidade non se chamaba así, o seu verdadeiro nome era Xosé Otero Abeledo pero escolleu este nome artístico porque súa nai nacera no lugar de A Laxe, de aí Laxeiro. Aproveitamos ademais para repasar un pouquiño os números ordinais do 1º ao 6º.
lunes, 30 de mayo de 2022
O VALOR DA AMIZADE.
Os peregrinos, cando se atopan con outras persoas nos pobos ou albergues polos que pasan; saudan, piden axuda ou preguntan algo, conversan, despídense, comparten mesa, habitación,…. con outros peregrinos que, en moitas ocasións, acaban de coñecer. Moitas veces incluso chegan a facerse amigos, unha amizade que perdura máis alá do camiño.
viernes, 27 de mayo de 2022
TIVEMOS VISITA.
miércoles, 25 de mayo de 2022
RIQUÍSIMAS!!
Meu dito, meu feito! Dixemos que queriamos probar as pedras de Santiago e no mesmo momento os papás e as mamás sacaron os seus gorros de chefs e puxéronse mans á obra. Por suposto, nós fomos os seus pinches de cociña.
Receita pedras de Santiago.
Ingredientes:
- Chocolate.
- Améndoas.
- E moito amor.
FIN DO CAMIÑO
Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...
-
Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...
-
Está claro que a cuncha é o símbolo por excelencia do Camiño de Santiago. Contan que antigamente os peregrinos, ao chegar a Santiago, eran ...
-
Hoxe lemos na clase un conto que trouxeron os nosos compañeiros Antón e Dylan. Nel a osa Marosa e a toupa Mariña diríxense a Santiago para a...












































