viernes, 13 de mayo de 2022

LENDA

Ultimamente non temos máis que sorpresas. Hoxe veu á clase Vero, a nai do noso compañeiro Edgar, para contarnos unha lenda que sabía do Camiño de Santiago: O Galo e a Galiña.

    Conta a lenda que hai moito, moito tempo, cando o Camiño de Santiago aínda non era unha ruta tan recoñecida como agora, unha pequena familia alemá quixo peregrinar a Santiago de Compostela. A familia estaba formada só por tres persoas: o pai, a nai e o fillo, Hugonell.

    O mozo alemán e os seus pais chegaron á pousada dunha vila onde pasaron a noite. A pousada era atendida por unha moza que se namorou perdidamente de Hugonell en canto o viu... Porén, o mozo alemán non estaba de ánimo para agradar os desexos da moza, e decidiu rexeitala esa noite. A moza non puido soportar a vergoña e, querendo vingarse, decidiu acusar a Hugonell dun crime.

    Gardou unha copa de prata no zurrón do mozo e despois acusouno de roubo. Cando Hugonell e os seus pais decidiron marchar á mañá seguinte para continuar o seu Camiño a Santiago de Compostela as autoridades apareceron na pousada, revisaron a bolsa do mozo descubrindo a copa de prata nela.

    Só había un castigo para os ladróns da época; ser condenados á forca. Os pais, sen saber que facer polo seu fillo, decidiron pedirlle axuda a Santiago e este non defraudou. Cúmprese o castigo imposto pola xustiza e o rapaz é aforcado. Porén, cando os pais se achegaron ao corpo inerte do seu fillo, Hugonell fálalles e dilles que non está morto, que foi salvado por Santiago.

    Os pais non dubidaron en ir correndo a contarllo todo ao alcalde que nese momento estaba cenando un bo prato de capón e galiña. O alcalde non creu nin unha palabra e aseguroulles que o seu fillo tiña tanta vida coma o galo e a galiña que estaba a piques de comer. É nese momento cando as dúas aves saltaron do prato do alcalde e comezaron a cacarexar felices, coma se non estivesen cociñadas. Ante as probas, e a pesar de ter sido molestado na súa cea, o alcalde tivo que atender as peticións da familia e deixar libre a Hugonell que como quedou ben demostrado, non era culpable de nada e seguía vivo.


Despois, para ver se estivéramos atentos, fixemos 
un xogo de preguntas. Soubémolas toditas.




Por último, Edgar quixo agasallarnos cun galo para que non esqueceramos a lenda que nos acababa de contar a súa mamá.
 

Que sorte temos cos papás e mamás, que sempre están dispostos e dispostas a colaborar.

GRAZAS, VERO!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...