miércoles, 11 de mayo de 2022

AS PEDRAS DO CAMIÑO

No noso paseo por Lalín fixámonos en que enriba dalgún fito aparecían pequenos moricos de pedras e, como somos moi curiosos, preguntámoslle as nosas profes para que se poñían alí. Dixéronnos que antigamente, cando aínda Elías non pintara as súas frechas amarelas, moitos peregrinos colocaban pedras para indicarlle a outros peregrinos que viñan detrás que por alí era o camiño. Hoxe en día os peregrinos déixanas por tradición.

https://picheleiros.wordpress.com/

Nós, como bos peregrinos, en lugar de deixalas enriba dun fito, fixemos o que mellor sabemos: xogar, deixar voar a nosa imaxinación e alimentar a nosa creatividade.

Fixemos         composicións.









Debuxos



E    Caras
 











Tamén nos dixeron que hai unhas pedras que se poden comer e que están riquísimas. A ver se un papá ou unha mamá se anima e nos ensina como se fan 😜.


martes, 10 de mayo de 2022

PEREGRINOS POR LALÍN

Que nos conten as cousas está ben pero se podemos vivilas, iso é moito mellor.

Chegou o momento de poñer as mochilas ao lombo e saír á rúa para coñecer o tramo do camiño que pasa pola nosa vila. 

   

Lalín de Arriba






                   Rúa da Calzada
Praza da Igrexa





 Parque de Xoaquín Loriga
                 Biblioteca Municipal
                  Paseo do Pontiñas








Cantas cousas fermosas temos preto de nós e de tan acostumados que estamos a velas, xa nos pasan desapercibidas.


jueves, 5 de mayo de 2022

ROBOTIZANDO O CAMIÑO

Hoxe fixemos co bee-bot o tramo do Camiño do que nos falou o outro día a Golmariña no seu video. Pasamos por eses lugares tan chulos que temos no noso concello e que moitos de nós non coñeciamos ata agora: Maceira, Palmaz, A Laxe, Bendoiro, Prado, Ponte Taboada e por suposto, Lalín.








Ademais de facer peregrinar ao robot, tivemos que sumar o número de casiñas que este ía avanzando entre lugar e lugar. Fixémolo Sumando co Peregrino. Que ben o pasamos!!!!








martes, 3 de mayo de 2022

AS FRECHAS AMARELAS

Todos sabemos que os peregrinos, para non perderse, teñen que seguir os sinais que lles indican por onde vai o camiño. Hai moitos pero todos teñen as famosas frechas amarelas.

Antigamente, eses sinais non existían e os peregrinos orientábanse coa axuda ......

- Das estrelas.

- Do musgo que medra nos balados.

- Dun compás.

- Dun mapa.

Pero, aínda así, eran moitos os que se perdían. Vendo isto, un día, non hai moito tempo, un home chamado Elías decidiu facer todo o Camiño de Santiago cun bote de pintura amarela e unha brocha na man para así poder ir marcando con frechas por onde debía ir o peregrino. Pintounas en todas partes: no chan, nas paredes das casas, nos troncos das árbores, nos balados... E foi así como esas frechas amarelas se convertiron nun símbolo indispensable do Camiño de Santiago.

https://www.google.com/url?sa=i&url=https%3A%2F%2Fwww.mundicamino.com%2Fen%2Fproducto%2Fpin-flecha-amarilla%2F&psig=AOvVaw0rlsozlltu_d95lXHopW05&ust=1653412323779000&source=images&cd=vfe&ved=0CA0QjhxqFwoTCOi-4oeP9vcCFQAAAAAdAAAAABAD

Hoxe, coa profe Mª José, xogamos con elas.

Primeiro tivemos que facer un pequeno percorrido coa axuda dun mapa e das frechas. Unhas veces tiñamos que xirar á esquerda, outras á dereita, para adiante, para atrás ata chegar ao destino.








Despois, tivemos que saltar no sentido das frechiñas amarelas. Menudo mareoooo!













FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...