Xa vos dixéramos que as nosas familias eran listísimas. Tan pronto lles preguntamos, resolveron a cuestión. Seica a bota misteriosa debe ser dun peregrino que a perdeu mentres facía o Camiño de Santiago. Tamén nos deron libros e información quitada de internet para traer á clase e compartila co resto de compañeiros/as e coa mestra.
lunes, 13 de diciembre de 2021
viernes, 10 de diciembre de 2021
A INVESTIGAR
Está claro que vai ser máis difícil do que pensabamos. O mellor será investigar a ver se así atopamos algunha pista que nos axude.
O primeiro que fixemos foi buscar en internet información sobre zapatos.
Cantos hai! E que diferentes son!
viernes, 3 de diciembre de 2021
A PROBA DA BOTA
Hoxe viñeron á nosa clase varios profes dicindo que perderan unha bota pero, despois de que todos/as a probaran, seguimos sen atopar ao seu dono ou dona. Menudo misterio!
lunes, 29 de noviembre de 2021
FACENDO DE DETECTIVES
Non tendo nin idea de quen pode ser o dono ou dona da bota misteriosa, decidimos que o mellor que podemos facer é o que se fai nestes casos, facer uns carteis de BÚSCASE e colocalos por todas partes: polos corredores, na sala de mestres, na porta da cociña, no comedor, en secretaría...
E agora toca esperar.
viernes, 26 de noviembre de 2021
AS NOSAS HIPÓTESES
- Seguro que é de Barbanegra porque é marrón.
- Eu creo que é de Papá Noel.
- Non, de Papá Noel non pode ser porque as botas de Papá Noel son negras e están limpas e esta está moi sucia.
- De Papá Noel non é porque non ves que aquí non hai cheminea para entrar.
- Pois entraría pola porta ou pola ventá.
- Ao mellor a bota está viva e veu ela soa e agora está
durmindo porque está cansa de dar moitos pasos.
- Menuda tontería!
- Pode ser dunha pantasma.
- As pantasmas non usan botas, veñen voando.
- Eu penso que é do Gato con Botas.
- Non, porque as botas do Gato con Botas non son así, son moito máis altas.
- O que está claro é que non é un regalo para nós porque os regalos non son así.
- É dun home. É moi grande.
- Eu de maior quero ser maquinista de tren. Ao mellor é dun maquinista.
- Fixádevos! Ven da praia porque ten una cuncha dentro.
- Eu non teño nin idea ... pero vexo que o debuxo que ten a cuncha é o mesmo que o da camiseta do Celta.
- E se é dun ladrón.
- Non, porque non roubou nada, non falta nada
na clase.
- Eu penso que é de Balbino, que a perdeu cando veu á nosa clase con Pachín o outro día.
- O mellor será mirar as cámaras de seguridade do colexio e así xa sabemos de quen é.
A BOTA MISTERIOSA
FIN DO CAMIÑO
Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...
-
Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...
-
Está claro que a cuncha é o símbolo por excelencia do Camiño de Santiago. Contan que antigamente os peregrinos, ao chegar a Santiago, eran ...
-
Hoxe lemos na clase un conto que trouxeron os nosos compañeiros Antón e Dylan. Nel a osa Marosa e a toupa Mariña diríxense a Santiago para a...