martes, 5 de abril de 2022

LONDON TOUR

Dende que recibimos  a carta do peregrino William e soubemos que era inglés, pedímoslle á profe Lorelay que nos falara un pouco da cidade na que vive o noso novo amigo. Porque, non sabemos se o sabedes pero, no Camiño fanse moitos amigos e coñécense outras culturas e nós non iamos perder a ocasión.

A través de Google Maps chegamos ata Londres, que é a capital de Reino Unido. Alí subímonos nun Routemaster, o autobús típico de cor vermella e de dous pisos, e fixemos un percorrido pola cidade. Pasamos polo Buckingham Palace, polo Big Ben, pola Tower Bridge e o que máis nos gustou!, a London Eye, unha das norias máis grandes do mundo. Foi  incrible!



Fixemos algunhas fichas con todo o que aprendemos.





Mirade que chulas nos quedaron!!!!


E como non podía ser doutro xeito, subimos na London Eye.





Tamén lembramos que hai un camiño que se chama o Camiño Inglés, pero William, aínda que vive en Inglaterra, non veu por ese camiño porque se o fixera non pasaría por Lalín e non perdería aquí a súa bota.

jueves, 17 de marzo de 2022

UNS ARTISTAS

Hoxe lemos un conto que trouxo o noso compañeiro Edgar, Bo Camiño, Valentiño, e despois a profe deixounos debuxar. Estamos feitos uns artistas!!!











Non pensedes que aquí Anxo se esqueceu de facerlle ao peregrino os ollos, o nariz e a boca. Non llos vemos   "porque está mirando pa alá  ".







miércoles, 9 de marzo de 2022

A CARTA

Case non o podiamos crer cando esta mañá entrou pola porta Rosa, a conserxe, cunha carta para nós. Quen nos escribiría? Axiña o descubriríamos. Era un tal William que se poñía en contacto connosco para dicirnos que vira un deses cartaces que pegaramos, xa había algún tempo, coa bota perdida e que a bota era del. 

William vive nunha cidade chamada Londres pero está facendo o Camiño de Santiago e resulta que cando pasou por Lalín, perdeu unha das súas botas. Teremos que escribirlle  para que nos diga como imos facer para devolverlla.




martes, 8 de marzo de 2022

COMO FACER O CAMIÑO

Hoxe, coa profe Mª José, fixemos un conto motor co que aprendemos que hai moitas formas de facer o Camiño. Bueno, algunhas delas  un pouquiño imposibles. A ver se as descubrides porque nós xa o fixemos.

CONTO: O Rato Renato fai o Camiño.

Había unha vez un rato que se chamaba Renato e había moito tempo que tiña ganas de facer o Camiño de Santiago, así que unha mañá, tan pronto espertou, decidiu que ese era un bo día para lanzarse á aventura.



Lavouse, vestiuse, almorzou e foi ao garaxe para coller o coche que o levaría ata Santiago.


Conduciu, conduciu e conduciu... ata que o coche se lle estragou así que alí, no medio do camiño, o deixou. E o pobre rato Renato triste e desolado quedou e camiñou, camiñou e camiñou...



ata que de súpeto, sabedes o que atopou? Un patinete! Subiuse nel e patinou, patinou e patinou...




ata que o patinete se lle estragou así que alí, no medio do camiño, o deixou. E o pobre rato Renato triste e desolado quedou e camiñou, camiñou e camiñou... ata que de súpeto, sabedes o que atopou? Uns zapatos de tacón! Do contento que se puxo, saltou. E cos zapatos de tacón nos pés, camiñou, camiñou e camiñou... 



ata que un zapato se lle estragou así que alí, no medio do camiño, o deixou. E o pobre rato Renato triste e desolado quedou e camiñou, camiñou e camiñou... ata que de súpeto, sabedes o que atopou? Unha bicicleta! Montou na bici e pedaleou, pedaleou e pedaleou...



ata que a bicicleta se lle estragou e alí, no medio do camiño, a deixou. E o pobre rato Renato triste e desolado quedou e camiñou, camiñou e camiñou... ata que de súpeto, sabedes o que atopou? Unha piragua! Montado na piragua, remou, remou e remou...


ata que un remo se lle estragou, así que alí, no medio do camiño, o deixou. E o pobre rato Renato triste e desolado quedou e camiñou, camiñou e camiñou... ata que de súpeto, sabedes o que atopou? Un cabalo! Montado no cabalo trotou, trotou e trotou...


ata que trotando por fin a Santiago chegou. Ao santo abrazou...



e na praza do Obradoiro se tumbou.




FIN
( Baseado en Cuentos para Matilda. El Viaje.)

Descubristes en que cousas é imposible facer o Camiño de Santiago? Estaba claro que non se pode facer nin en patinete nin en zapatos de tacón nin en piragua. A profe Mª José quería enganarnos pero nós somos moi listos.

Tamén nos dixo que as personas discapacitadas poden facer o Camiño en cadeira de rodas e quixemos probar.




Que difícil é! Eses si que son heroes.






viernes, 4 de marzo de 2022

A MOCHILA

Xa víramos o día no que o profe Diego e a profe Mª José se disfrazaron, que a mochila dun peregrino pode levar dentro moitas cousas. Pero hoxe descubrímolo moito mellor. Fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar que había dentro dunha mochila. Só un compañeiro ou compañeira podía mirar e tiña despois que dicirnos o que había sen pronunciar o nome do obxecto que vira. Queredes xogar?

- É unha cousa  alongada e ten moitos botóns. Serve para  encender e apagar a televisión. Que é?

- O mando.

- É unha cousa que serve para que o peregrino leve dentro auga. Que é?

- Unha cantimplora.

- É unha cousa que parece un reloxo pero non nos di a hora senón que nos axuda a non perdernos.

- O compás.

- É unha cousa que serve para pintar as uñas. Que é?

- Un pintauñas.

- É unha cousa que serve para botar polo corpo e que o sol non nos queime, como cando imos á praia.

- A crema solar.

- É unha cousa que serve para poñer nas orellas e estar máis guapos e guapas.

- Uns pendientes.

- É unha cousa parecida a unha maleta na que metemos cousas, como tiritas para, en caso de  mancarnos, poder facer as curas. 

- O botiquín.

- É unha cousa que serve para protexernos da choiva e non é un paraugas.

- O chuvasqueiro.

- É unha cousa que serve para quitarlle os corchos ás botellas.

- Un sacacorchos.



Moitas cousas tiña dentro esta mochila! Pero vimos que moitas delas non son necesarias para facer o Camiño. Para que quere un peregrino un mando da tele, un pintauñas, uns pendientes ou un sacacorchos? O que sí necesita é...



                     CANTIMPLORA                                            COMPÁS                                                                     

                                                   CREMA SOLAR


               BOTIQUÍN                                               CHUVASQUEIRO


Ademais de moitas outras como....


(Imaxe quitada de http://caminosantiago.webcindario.com/)

miércoles, 2 de marzo de 2022

O TRAXE ANTIGO

Cremos que quedou ben claro que, aínda que somos moi modernos, o traxe de peregrino que máis nos gustou foi o traxe antigo. Por iso decidimos vestirnos  hoxe con el. Estamos guapísimos.









lunes, 21 de febrero de 2022

PEREGRINOS.

Lembrando  a  visita  do  outro    día      dos     peregrinos,   fixemos     uns   debuxos.




 








Que chulos nos quedaron, non vos parece?

FIN DO CAMIÑO

Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...