lunes, 21 de febrero de 2022
PEREGRINOS.
miércoles, 16 de febrero de 2022
SORPRESA!!!
Menuda sorpresa tivemos hoxe!!!! Mentres estabamos lendo con Pipo, entraron pola porta dous peregrinos. As súas caras resultáronnos algo familiares porque, claro estaba, eran o profe Diego e a profe Mª José disfrazados. Diego viña co traxe de peregrino antigo e Mª José co actual. Como cambiaron as cousas!
Sabiades que antigamente os peregrinos levaban unha capa que case lles servía para todo: para tornarlles o frío e a calor, para durmir sobre ela ou a modo de manta ... Ademais, tiñan un gorro que tanto os protexía do sol como da choiva pola súa forma tan peculiar. Gardaban aquelas poucas cousas que necesitaban nunha bolsiña chamada zurrón. Para camiñar axudábanse dun bastón ao que tamén denominaban bordón e nel amarraban unha cabaza seca na que levaban auga fresquiña para beber ou senón empregaban unha cuncha de vieira para coller auga dos regatos e calmar a sede.
Os peregrinos de hoxe en día van moi ben equipados con roupa moi cómoda e diferente dependendo de se fan o Camiño no inverno ou no verán. Cargan cunha pesada mochila na que levan todo o que necesitan como, por exemplo, un saco de durmir, un chuvasqueiro ou unha cantimplora. Colgadas da mochila sempre levan unhas chanclas para sacar as botas cando chega a noite e relaxar un pouquiño os pés. A cuncha que levan pendurada do pescozo xa non a precisan para nada pero lévana como símbolo do Camiño de Santiago.
viernes, 11 de febrero de 2022
O CAMIÑO PASA POR LALÍN
Agora xa sabemos que dúas desas rutas pasan polo noso concello, Lalín. Son o Camiño de Inverno e a Vía da Prata.
- O Camiño de Inverno chámase así porque é a alternativa que empregan os peregrinos do Camiño Francés durante esa estación para evitar a neve que se atopa nas montañas do Cebreiro e que dificulta ou imposibilita a súa andaina.
- A Vía da Prata ven de Andalucía e o seu nome procede da palabra que antigamente empregaban os árabes para referirse a un camiño empedrado.
jueves, 3 de febrero de 2022
AS RUTAS
Hoxe, na clase de psicomotricidade, aprendemos que os peregrinos para chegar a Santiago poden facelo por moi diferentes camiños dependendo de onde veñan. A eses camiños chamámoslles rutas. Son todas moi distintas xa que nelas podemos atopar unha gran diversidade paisaxística, cultural e patrimonial.
- Camiño Francés.
- Vía da Prata.
- Camiño Inglés.
- Camiño Primitivo.
- Camiño do Norte.
- Camiño Portugués.
- Camiño de Inverno.
- Camiño Portugués da Costa.
- Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.
- Camiño de Fisterra e Muxía.
lunes, 31 de enero de 2022
UN CAMIÑO MOI ANTIGO
Como xa vimos no conto, O Camiño de Santiago non é unha cousa de agora, senón que xa ven de vello e coma todas as cousas, foi cambiando co paso do tempo. Cun xogo moi divertido de atopar as diferencias puidemos comprobar a súa evolución.
viernes, 28 de enero de 2022
A ORIXE DO CAMIÑO
Hoxe a nosa profe púxonos un conto para tratar de explicarnos un pouquiño a orixe do Camiño. Xa nos dixo que , como todos os contos, este tiña unha parte real e outra fantástica. A verdade é que nos gustou moito e que nos quedou ben clariña a mensaxe, que era o máis importante.
Aquí volo deixamos e dicirvos que foi inventado pola profe Mª José e que as ilustracións foron feitas por nós. Esperamos que a vós tamén vos guste.
martes, 25 de enero de 2022
XOGAMOS COAS PALABRAS
Agora si que estamos preparados para iniciar esta aventura na que imos aprender un milleiro de cousas. Por exemplo, palabras como coas que xogamos hoxe: Camiño, cuncha, Xacobeo, ruta.
XOGO DA PESCA.
Cunha cana tivemos que pescar as letras necesarias para poder compoñer a palabra CAMIÑO. Que divertido!
SOPA DE LETRAS.
Agora tiñamos que buscar diferentes palabras relacionadas co Camiño de Santiago nunha sopa de letras un tanto peculiar xa que en lugar de rodear cada palabra co lapis, tivemos que facelo cunha goma elástica. Parecía fácil pero costounos un pouquiño.
XOGO DO DADO.
Formamos dous equipos e, por turnos, tiñamos que lanzar un dado que contiña as letras da palabra Camiño. Segundo nos ían saíndo as diferentes letras iámolas colocando na casiña correspondente. O malo era que se nos saía unha letra repetida tiñamos que retirala. Menudo lío! Ao final, o equipo que antes conseguira completar a palabra gañaba.
FIN DO CAMIÑO
Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...
-
Hai case nove meses que iniciamos esta aventura, unha aventura que hoxe chega ao seu fin. Durante todo este tempo percorremos sendeiros e ca...
-
Está claro que a cuncha é o símbolo por excelencia do Camiño de Santiago. Contan que antigamente os peregrinos, ao chegar a Santiago, eran ...
-
Hoxe lemos na clase un conto que trouxeron os nosos compañeiros Antón e Dylan. Nel a osa Marosa e a toupa Mariña diríxense a Santiago para a...